RIAIDT
Campus Vida
banner

API 4000

Espectrómetro de masas con analizador triple cuadrupolo, con posibilidade de ionizar moléculas por ESI ou APCI. Acoplado a un HPLC 1200 que posibilita a separación de mesturas complexas. Este tipo de equipamento é axeitado para a cuantificación de diferentes tipos de analitos en matrices complexas, xa que ao traballar en modo MRM presenta unha moi boa sensibilidade e selectividade.

más información

ULTRAFLEX III TOF/TOF BRUKER

O analizador que usamos para esta técnica é de tempo de voo ou comunmente chamado TOF (= Time of Flight). O principio deste tipo de analizadores é sinxelo. Unha vez introducida a mostra coa matriz nunha placa de maldi e introducida esta na fonte, procédese a un pulso intensivo de disparos láser de lonxitude de onda corta que provocan a ionización do analito. Unha vez conseguida esta ionización e confinados todos os ións na fonte, aplicamos unha voltaxe de extracción e así conseguiremos que todos os ións salgan da fonte de modo simultáneo. Seguidamente pasarán por un campo electrostático acelerador adquirindo unha elevada enerxía cinética que os impulsa na dirección do tubo de voo cara o detector. Os ións de maior m/z voarán a menor velocidade que os de menor m/z, o resultado será que os ións máis pequenos alcanzarán primeiro o detector, seguidos no tempo, e de modo sucesivo, polos de maior tamaño (supoñendo a todos a mesma carga). O tempo empregado en recorrer a lonxitude do tubo de voo será proporcional á masa, ou relación masa/carga, dos ións, e o sistema de detección será capaz de distinguir ou diferenciar as diferentes masas iónicas tanto mellor canto maior sexa a súa separación no tempo (canto maior sexa o tubo de voo), e canto menor sexa a dispersión de enerxías dos ións formados na fonte. A resolución é unha das limitacións dos sistemas TOF. Para mellorar a resolución teríamos que aumentar a lonxitude do tubo de voo a dimensións tales que non farían práctica a súa construcción, polo tanto o parámetro da lonxitude do tubo de voo podemos considera-lo fixo. Outro parámetro que sí podemos considerar é a dispersión de enerxías que se orixinan como resultado da formación en diferentes rexións ou planos dos ións sometidos a desorción por láser. Esta dispersión de enerxías produce unha dispersión en velocidades de voo, e en consecuencia, de tempos de voo, que é o que en definitiva se mide. Se conseguimos compensar esta dispersión melloraremos a resolución. Para elo, emprégase un dispositivo chamado reflectrón que reenfoca os ións da mesma masa sobre o detector. De tal xeito, neste tipo de equipos poderíamos traballar en dous modos: modo lineal ou modo reflectrón. Segundo para que tipo de análises usaremos un modo ou outro

más información

BRUKER AMAZON ETD

Tres características son as que definen a ionización por Electrospray con respecto a outras técnicas de ionización por espectrometría de masas. A primeira delas é a habilidade única de producir ións con cargas múltiples, permitindo así que compostos de moi alto peso molecular queden rexistrados con cargas múltiples nun rango m/z moito menor. A segunda característica é que as mostras baixo análise deben ser introducidas en solución, posibilitando así unha compatibilidade natural entre ESI con moitos tipos de técnicas de separación (HPLC, Electroforeses capilar…). Unha terceira característica é que se trata dunha técnica especialmente “branda” o que posibilita, por exemplo, a preservación na fase gas de interaccións non covalentes entre moléculas as cales existen en solución, así como o estudio de conformacións moleculares en tres dimensións. A mostra en disolución faise pasar a través dun capilar ó que se lle aplica un alto potencial eléctrico, á saída do capilar a solución dispérsase en forma de spray formado por pequenas gotas cargadas, as cales se evaporan rapidamente ben por un proceso de desorción do campo eléctrico ou de evaporación do solvente, liberando moléculas (péptidos ou proteínas) protoadas á fase gasosa. Os ións xerados poden estar protoados de forma múltiple dando lugar a diferentes especies para unha mesma molécula. No caso de péptidos e proteínas, o extremo N-terminal e os residuos de histina, arginina e lisina son os candidatos a protoarse.

más información

Micromass Autospec

A enerxía utilizada para ionizar a mostra e fragmenta-la é adquirida por unha interacción con electróns emitidos dende un filamento quente (filamento de metal que quentado electricamente ata incandescencia, emite electróns libres). A cámara de ionización é mantida a baixa presión para minimizar as colisións ión-molécula. Algunhas características da molécula poden ser deducidas do patrón de fragmentación do ión molecular. É unha técnica de ionización das chamadas “duras” xa que as mostras (que teñen que estar en fase gas) precisan altos vacíos e temperaturas altas na fonte de ionización, e a enerxía comunicada á molécula é moi alta. Un factor a ter en conta nesta técnica é a enerxía dos electróns, que se mide en electrón-voltios, ou abreviadamente escrito “eV”. Un eV é a enerxía gañada por un electrón (equivalente a 23 Kcal/mol) no transcurso dun campo eléctrico mantido por unha diferencia de potencial de un Voltio. A maioría dos espectros de referencia son obtidos a 70 eV, xa que a ese valor as perturbacións na enerxía dos electróns teñen efectos desprezables sobre a producción dos ións, e tamén porque os patróns de fragmentación reproducibles son obtidos a ese nivel de enerxía.

más información

SCION TQ

Espectrómetro de masas con analizar triple cuadrupolo e fonte de ionización con impacto electrónico (EI), ionización química positiva (PCI) e negativa (NCI). Acoplado a un cromatógrafo de gases. Os compostos que están recomendados para esta técnica son compostos apolares de volatilidade alta, de peso molecular baixo e que teñan unha alta estabilidade térmica.

más información

Bruker Autoflex

As técnicas de ionización mediante láser pódense dividir en tres grupos: As de ionización fotónica ou multifotónica, as de ablación e as de desorción. Maldi é unha técnica láser por desorción de ionización suave que non require unha vaporización previa da mostra. Para conseguir un proceso de ionización eficiente e suave, débense cumprir tres condicións básicas: - A ionización debe ser resonante. Esto quere dicir que a lonxitude de onda do láser usado debe ser adecuada para conseguir a excitación electrónica ou vibracional da molécula usada. Para elo, úsanse láseres con emisión no ultravioleta remoto ou infravermello remoto, respectivamente. - O punto quente producido debe ser de moi corta duración, para evitar a descomposición térmica. Polo tanto emprégase un láser con pulsos de corta duración (1 a 100 nanosegundos). - A mostra debe dispersarse previamente usando unha matriz líquida ou sólida (Normalmente solen ser moléculas orgánicas pequenas, así as moléculas do analito quedan illadas entre si e rodeadas dun grande número de moléculas de matriz (evitándose a asociación de moléculas de analito que darían lugar á formación de complexos de moi alto peso molecular, difíciles de desorber e de analizar). Ademais, a matriz absorbe o exceso de enerxía, conseguíndose un proceso de ionización extremadamente suave. Ó mesturar o analito coa matriz ten lugar unha cristalización por evaporación do disolvente

más información

Bruker Microtof

Tres características son as que definen a ionización por Electrospray con respecto a outras técnicas de ionización por espectrometría de masas. A primeira delas é a habilidade única de producir ións con cargas múltiples, permitindo así que compostos de moi alto peso molecular queden rexistrados con cargas múltiples nun rango m/z moito menor. A segunda característica é que as mostras baixo análise deben ser introducidas en solución, posibilitando así unha compatibilidade natural entre ESI con moitos tipos de técnicas de separación (HPLC, Electroforeses capilar…). Unha terceira característica é que se trata dunha técnica especialmente “branda” o que posibilita, por exemplo, a preservación na fase gas de interaccións non covalentes entre moléculas as cales existen en solución, así como o estudio de conformacións moleculares en tres dimensións. A mostra en disolución faise pasar a través dun capilar ó que se lle aplica un alto potencial eléctrico, á saída do capilar a solución dispérsase en forma de spray formado por pequenas gotas cargadas, as cales se evaporan rapidamente ben por un proceso de desorción do campo eléctrico ou de evaporación do solvente, liberando moléculas (péptidos ou proteínas) protoadas á fase gasosa. Os ións xerados poden estar protoados de forma múltiple dando lugar a diferentes especies para unha mesma molécula. No caso de péptidos e proteínas, o extremo N-terminal e os residuos de histina, arginina e lisina son os candidatos a protoarse.

más información

6410B-QQQ

Espectrómetro de masas con analizador triple cuadrupolo, con posibilidade de ionizar moléculas por ESI. Acoplado a un HPLC 1200 que posibilita a separación de mesturas complexas e que leva incorporado ademáis un detector DAD (Diode-Array Detector). Este tipo de equipamento é axeitado para a cuantificación de diferentes tipos de compostos en matrices complexas, xa que ao traballar en modo MRM presenta unha moi boa sensibilidade e selectividade.

más información

320-GCMSMS

Espectrómetro de masas con analizador triple cuadrupolo e fonte de ionización con impacto electrónico (EI), ionización química positiva (PCI) e negativa (NCI). Acoplado a un cromatógrafo de gases. Os compostos que están recomendados para esta técnica son compostos apolares de volatilidade alta, de peso molecular baixo e que teñan unha alta estabilidade térmica. Ten acoplado un automuestrador COMBIPAL, con posibilidade de facer SPME e Head Space para compostos volátiles.

más información

ICP-MS Agilent 7700x (CACTUS Lugo)

O ICP-MS inclúe un sistema de introducción de mostra que consiste nunha cámara do spray con enfriamento por sistema Peltier, un nebulizador microconcéntrico, un analizador de masas de tipo cuadrupolar. O equipo dispón ademais dun sistema de corrección de interferencias poliatómicas (ORS), que consiste nun octopolo que actúa como celda de colisión . Dispón tamén dun accesorio para a introducción de mostras con matrices complexas (HMI) que permite a análise de mostras con alto contido en sólidos sen necesidade de diluir a mostra.

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK