RIAIDT
Campus Vida
banner

ICP-OES PerkinElmer

Na espectrometría de emisión óptica con plasma acoplado inductivamente (ICP-OES), a mostra é normalmente transportada ó interior do aparello coma unha corrente líquida que se converte nun aerosol mediante o proceso coñecido como nebulización. A mostra, en forma de aerosol transpórtase ó plasma, onde é desolvatada, vaporizada, atomizada e excitada e/ou ionizada polo plasma. Os átomos excitados e os ións emiten a súa radiación a unha lonxitude de onda característica. Esta radiación é detectada e pódese converter en información sobre concentración.
O ICP-OES dispón de dous tipos de nebulizadores: Low-Flow (para mostras en xeral) e ultrasónico (para auga); así como de dous tipos de cámaras de spray: Scott e ciclónica.
As mostras deberán estar en disolución e convenientemente filtradas. A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes entre 10 e 15 mL.

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK