RIAIDT
Campus Vida
banner

UNIDADE DE ARQUEOMETRÍA

A Unidade de Arqueometría está especializada na resolución de problemáticas relacionadas ca área de Humanidades (Arqueoloxía, Historia, Filoloxía, Patrimonio, Restauración, Conservación, etc.). O seu funcionamento é integral e tranversal: realízase un deseño metodolóxico previo específico para cada solicitude e a partir de ahí utilízanse tódalas técnicas analíticas disponibles na RIAIDT e noutros organismos públicos que se precisen para acadar os obxectivos plantexados. O valor engadido resulta do enfoque interdisciplinar aplicado que se materializa nunha interpretación global dos resultados obtidos e en que a Unidade de Arqueometría se encarga de todo o proceso desde o asesoramento ao usuario, toma de mostra, xestión das determinacións analíticas e interpretación final e nos casos nos que é preciso incorpórase a colaboración de especialistas en temáticas específicas.

más información

Analizador Elemental FISONS modelo EA 1108

A Unidade de Análise Elemental posibilita a determinación e cuantificación do contido en carbono, hidróxeno, nitróxeno, xofre e osíxeno presente nun amplo número de mostras orgánicas e inorgánicas.
* Identificación da pureza de compostos de nova síntese: mostras orgánicas, organometálicas, haloxenadas... * Determinacións do contido de CHNS e O en derivados petroquímicos: fueles, gasolinas, aceites, coques, etc. * Análise de vexetación, madeiras, algas, etc. * Análise de alimentos (relación Nitróxeno/proteína). En función da cantidade e homoxenidade da mostra a análise realizarase en microanálise (1-3 mg.) ou en macroanálise (50-1000 mg.).

más información

Analizador Elemental Macromostra CHNS Leco modelo TruSpec CHNS

É un Analizador Elemental Macromostra para a determinación de Carbono, Hidróxeno, Nitróxeno e Xofre basado na técnica de combustión total da mostra e posterior determinación do contido total de cada elemento. Tempo de análise duns 4 minutos para análises CHN, dependendo do tipo de mostra. 2 minutos para o S. Contén un automostreador con 30 posicións para a determinación conxunta de CHN.

más información

Analizador Elemental THERMO FINNIGAN modelo FLASH 1112

A Unidade de Análise Elemental posibilita a determinación e cuantificación do contido en carbono, hidróxeno, nitróxeno, xofre e osíxeno presente nun amplo número de mostras orgánicas e inorgánicas. A técnica de análise elemental baseada na completa e instantánea oxidación da mostra (combustión) e posterior determinación dos gases procedentes de dita combustión mediante un detector de conductividade térmica; é unha técnica esencial para o investigador de síntesis (químico, farmacéutico, etc.), ó que aporta datos que contribúen a confirmación da estructura dun composto de nova preparación. Tamén resulta de gran utilidade no análise de solos, mostras mariñas, ../riaidt. e en xeral, no control de identidade e pureza de calquer tipo de mostra que conteña os elementos C, N, H, S e O.

más información

Analizador Elemental LECO modelo CHNS-932

A Unidade de Análise Elemental posibilita a determinación e cuantificación do contido en carbono, hidróxeno, nitróxeno, xofre e osíxeno presente nun amplo número de mostras orgánicas e inorgánicas. A técnica de análise elemental baseada na completa e instantánea oxidación da mostra (combustión) e posterior determinación dos gases procedentes de dita combustión mediante un detector de conductividade térmica; é unha técnica esencial para o investigador de síntesis (químico, farmacéutico, etc.), ó que aporta datos que contribúen a confirmación da estructura dun composto de nova preparación. Tamén resulta de gran utilidade no análise de solos, mostras mariñas, ../riaidt. e en xeral, no control de identidade e pureza de calquer tipo de mostra que conteña os elementos C, N, H, S e O.

más información

Analizador Elemental CARLO ERBA modelo EA 1108

A técnica de análise elemental CHSN está baseada na completa e instantánea oxidación da mostra (combustión) e posterior determinación dos gases procedentes de dita combustión mediante un detector de conductividade térmica; é unha técnica esencial para o investigador de síntesis (químico, farmacéutico, etc.), ó que aporta datos que contribúen a confirmación da estructura dun composto de nova preparación. Tamén resulta de gran utilidade no análise de solos, mostras mariñas, ../riaidt. e en xeral, no control de identidade e pureza de calquer tipo de mostra que conteña os elementos C, N, H, S e O.

más información

ICP-OES PerkinElmer

Na espectrometría de emisión óptica con plasma acoplado inductivamente (ICP-OES), a mostra é normalmente transportada ó interior do aparello coma unha corrente líquida que se converte nun aerosol mediante o proceso coñecido como nebulización. A mostra, en forma de aerosol transpórtase ó plasma, onde é desolvatada, vaporizada, atomizada e excitada e/ou ionizada polo plasma. Os átomos excitados e os ións emiten a súa radiación a unha lonxitude de onda característica. Esta radiación é detectada e pódese converter en información sobre concentración.
O ICP-OES dispón de dous tipos de nebulizadores: Low-Flow (para mostras en xeral) e ultrasónico (para auga); así como de dous tipos de cámaras de spray: Scott e ciclónica.
As mostras deberán estar en disolución e convenientemente filtradas. A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes entre 10 e 15 mL.

más información

Varian 820-MS

O plasma de acoplamento indutivo é unha fonte de ionización a presión atmosférica onde a mostra que chega é atomizada e ionizada. Os ións formados pasan ao espectrómetro de masas onde son separados segundo a súa relación carga/masa. Cada unha das masas que chega ao detector é analizada para determinar a súa abundancia na mostra. É unha técnica espectroscópica especialmente desenvolvida para a análise de elementos e dá lugar a medidas rápidas, exactas e precisas.

más información

ESPECTRÓMETRO XRF-Pg-Fe

Espectrómetro de Fluorescencia de raios X de dispersión de enerxía que permite á través da interacción cun feixe de raios X ca mostra detectar e cuantificar elementos químicos comprendidos entre o Mg e o Cr.

más información

Espectrómetro XRF-Mo

Espectrómetro de Fluorescencia de raios X de dispersión de enerxía que permite á través da interacción cun feixe de raios X ca mostra detectar e cuantificar elementos químicos comprendidos entre o Mn e o U.

más información

ICP-MS Agilent 7700x (CACTUS Lugo)

O ICP-MS inclúe un sistema de introducción de mostra que consiste nunha cámara do spray con enfriamento por sistema Peltier, un nebulizador microconcéntrico, un analizador de masas de tipo cuadrupolar. O equipo dispón ademais dun sistema de corrección de interferencias poliatómicas (ORS), que consiste nun octopolo que actúa como celda de colisión . Dispón tamén dun accesorio para a introducción de mostras con matrices complexas (HMI) que permite a análise de mostras con alto contido en sólidos sen necesidade de diluir a mostra.

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK