RIAIDT
Campus Vida
banner

Empyrean para medidas en modo SAXS

"SAXS" é unha técnica que se utiliza para a caracterización estrutural de materiais sólidos e líquidos no rango dos nanómetros. Sonda in-homoxeneidades da densidade de electróns nunha escala de lonxitude de tipicamente 1-100 nanómetro, proporcionando así información estrutural complementario á medida convencional de difracción (XRD). É aplicable a materiais cristalinos e amorfos por igual. "PANalytical X´Pert Powder Empyrean" é un sistema multipropósito que permite medir no modo SAXS/WAXS de sólidos, pos e líquidos.

más información

Tomógrafo de Haz de Cono CBCT I-CAT

Tomógrafo de Haz de Cono de raios X que serve para visualizar estructuras internas dun obxecto de forma non invasiva. As imaxes tomográficas ou tomografías son imaxes bidimensionais que representan a atenuación de raios X nun obxecto, e son por tanto mapas de densidade das estructuras do mesmo a partir das cales se pode reconstruir a estructura interna e externa do obxecto. O tomógrafo CBCT pertence á Facultade de Medicina e Odontoloxía e está dispoñible para os usuarios da RIAIDT grazas a un acordo que regula a súa accesibilidade para usos non clínicos.

más información

UNIDADE DE ARQUEOMETRÍA

A Unidade de Arqueometría está especializada na resolución de problemáticas relacionadas ca área de Humanidades (Arqueoloxía, Historia, Filoloxía, Patrimonio, Restauración, Conservación, etc.). O seu funcionamento é integral e tranversal: realízase un deseño metodolóxico previo específico para cada solicitude e a partir de ahí utilízanse tódalas técnicas analíticas disponibles na RIAIDT e noutros organismos públicos que se precisen para acadar os obxectivos plantexados. O valor engadido resulta do enfoque interdisciplinar aplicado que se materializa nunha interpretación global dos resultados obtidos e en que a Unidade de Arqueometría se encarga de todo o proceso desde o asesoramento ao usuario, toma de mostra, xestión das determinacións analíticas e interpretación final e nos casos nos que é preciso incorpórase a colaboración de especialistas en temáticas específicas.

más información

Bruker Kappa-APEX II

Difractómetro equipado cun goniómetro de xeometría KAPPA e cunha fonte de Mo (λ=0.710Å). Ten acoplado un criostato que pode sumerxir a mostra a temperatura controlada, dende N2 líquido (estable a 100K) ata 300K. Contén un detector bidimensional tipo APEX II. Para traballar con monocristais e mostras estruturadas montadas en loops ou en capilares.

más información

Microcal ITC 200 (CACTUS Lugo)

Microcalorímetro que permite a medida directa e sen marcaxes, de parámetros termodinámicos e de afinidade. O calor absorbido ou emitido durante as unións bioquímicas pódese medir directamente dándonos información sobre afinidade (KD), estequiometría (n), entalpía (∆H) e entropía (∆S).

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK