RIAIDT
Campus Vida
banner

Espectrómetro XRF-Mo

Espectrómetro de Fluorescencia de raios X de dispersión de enerxía que permite á través da interacción cun feixe de raios X ca mostra detectar e cuantificar elementos químicos comprendidos entre o Mn e o U.

más información

UNIDADE DE ARQUEOMETRÍA

A Unidade de Arqueometría está especializada na resolución de problemáticas relacionadas ca área de Humanidades (Arqueoloxía, Historia, Filoloxía, Patrimonio, Restauración, Conservación, etc.). O seu funcionamento é integral e tranversal: realízase un deseño metodolóxico previo específico para cada solicitude e a partir de ahí utilízanse tódalas técnicas analíticas disponibles na RIAIDT e noutros organismos públicos que se precisen para acadar os obxectivos plantexados. O valor engadido resulta do enfoque interdisciplinar aplicado que se materializa nunha interpretación global dos resultados obtidos e en que a Unidade de Arqueometría se encarga de todo o proceso desde o asesoramento ao usuario, toma de mostra, xestión das determinacións analíticas e interpretación final e nos casos nos que é preciso incorpórase a colaboración de especialistas en temáticas específicas.

más información

API 4000

Espectrómetro de masas con analizador triple cuadrupolo, con posibilidade de ionizar moléculas por ESI ou APCI. Acoplado a un HPLC 1200 que posibilita a separación de mesturas complexas. Este tipo de equipamento é axeitado para a cuantificación de diferentes tipos de analitos en matrices complexas, xa que ao traballar en modo MRM presenta unha moi boa sensibilidade e selectividade.

más información

320-GCMSMS

Espectrómetro de masas con analizador triple cuadrupolo e fonte de ionización con impacto electrónico (EI), ionización química positiva (PCI) e negativa (NCI). Acoplado a un cromatógrafo de gases. Os compostos que están recomendados para esta técnica son compostos apolares de volatilidade alta, de peso molecular baixo e que teñan unha alta estabilidade térmica. Ten acoplado un automuestrador COMBIPAL, con posibilidade de facer SPME e Head Space para compostos volátiles.

más información

SCION TQ

Espectrómetro de masas con analizar triple cuadrupolo e fonte de ionización con impacto electrónico (EI), ionización química positiva (PCI) e negativa (NCI). Acoplado a un cromatógrafo de gases. Os compostos que están recomendados para esta técnica son compostos apolares de volatilidade alta, de peso molecular baixo e que teñan unha alta estabilidade térmica.

más información

6410B-QQQ

Espectrómetro de masas con analizador triple cuadrupolo, con posibilidade de ionizar moléculas por ESI. Acoplado a un HPLC 1200 que posibilita a separación de mesturas complexas e que leva incorporado ademáis un detector DAD (Diode-Array Detector). Este tipo de equipamento é axeitado para a cuantificación de diferentes tipos de compostos en matrices complexas, xa que ao traballar en modo MRM presenta unha moi boa sensibilidade e selectividade.

más información

ESPECTRÓMETRO XRF-Pg-Fe

Espectrómetro de Fluorescencia de raios X de dispersión de enerxía que permite á través da interacción cun feixe de raios X ca mostra detectar e cuantificar elementos químicos comprendidos entre o Mg e o Cr.

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK