RIAIDT
Campus Vida
banner

DSC Q100 TA

O DSC (Calorímetro de Barrido Diferencial) determina a temperatura e fluxo de calor asociados con transicións dos materiais, en función do tempo e a temperatura.Tamén proporciona datos cuantitativos e cualitativos en procesos endotérmicos e exotérmicos de materiais durante transicións físicas que poden ser causadas por cambios de fases, fusión, oxidación e outros cambios relativos ó calor.

más información

BRUKER, modelo IFS-66v

Espectroscopía IR-Raman As epectroscopías Infravermello e Raman conforman a espectroscopía vibracional e relaciónanse coas vibracións moleculares. Tanto a espectroscopía Infravermella como a Raman producen transicións entre niveis vibracionais cuantizados anque os mecanismos que inducen ditas transicións son diferentes. Os espectros de IR e Raman dun composto proporcionan gran información sobre as súas propiedades internas (composición química, impurezas, interacción entre sustituíntes, análisis de grupos funcionais, etc.), polo que é de gran importancia no análisis cualitativo. Dentro das múltiples aplicacións destas técnicas podemos destacar, por exemplo o análisis de polímeros, aditivos, estudios forenses, identificación de contaminantes ambientais, medicina, diversas áreas da química (organometálica, orgánica, inorgánica, agrícola, industrial), patrimonio (identificación de pigmentos) etc.

más información

Bruker Microtof

Tres características son as que definen a ionización por Electrospray con respecto a outras técnicas de ionización por espectrometría de masas. A primeira delas é a habilidade única de producir ións con cargas múltiples, permitindo así que compostos de moi alto peso molecular queden rexistrados con cargas múltiples nun rango m/z moito menor. A segunda característica é que as mostras baixo análise deben ser introducidas en solución, posibilitando así unha compatibilidade natural entre ESI con moitos tipos de técnicas de separación (HPLC, Electroforeses capilar…). Unha terceira característica é que se trata dunha técnica especialmente “branda” o que posibilita, por exemplo, a preservación na fase gas de interaccións non covalentes entre moléculas as cales existen en solución, así como o estudio de conformacións moleculares en tres dimensións. A mostra en disolución faise pasar a través dun capilar ó que se lle aplica un alto potencial eléctrico, á saída do capilar a solución dispérsase en forma de spray formado por pequenas gotas cargadas, as cales se evaporan rapidamente ben por un proceso de desorción do campo eléctrico ou de evaporación do solvente, liberando moléculas (péptidos ou proteínas) protoadas á fase gasosa. Os ións xerados poden estar protoados de forma múltiple dando lugar a diferentes especies para unha mesma molécula. No caso de péptidos e proteínas, o extremo N-terminal e os residuos de histina, arginina e lisina son os candidatos a protoarse.

más información

Difractómetro tipo Philips

Difractómetro para análise de mostras en estado sólido coa xeometría Bragg-Brentano e a configuración do goniómetro tipo "theta/2theta". Inclúe un cargador de mostras automático e un portamostras xiratorio. Dispoñemos dun software de análise/identificación de mostras sispoñible para o uso dos usuarios que o necesiten.

más información

Bruker Kappa-APEX II

Difractómetro equipado cun goniómetro de xeometría KAPPA e cunha fonte de Mo (λ=0.710Å). Ten acoplado un criostato que pode sumerxir a mostra a temperatura controlada, dende N2 líquido (estable a 100K) ata 300K. Contén un detector bidimensional tipo APEX II. Para traballar con monocristais e mostras estruturadas montadas en loops ou en capilares.

más información

Microcal ITC 200 (CACTUS Lugo)

Microcalorímetro que permite a medida directa e sen marcaxes, de parámetros termodinámicos e de afinidade. O calor absorbido ou emitido durante as unións bioquímicas pódese medir directamente dándonos información sobre afinidade (KD), estequiometría (n), entalpía (∆H) e entropía (∆S).

más información

TGA/DSC1 de Mettler Toledo (CACTUS Lugo)

A medida do cambio de masa dunha mostra coa temperatura, realizase nunha termobalanza e coñecese como termogravimetría. A calorimetría diferencial de barrido é unha técnica que consiste en medir o fluxo de calor dunha mostra e dun material de referencia en función da temperatura. A señal obtida é a enerxía absorbida ou emitida pola mostra. O equipo TGA-DSC simultáneo mide ambos parámetros á vez, convertíndose nunha ferramenta valiosa para a caracterización das propiedades físicas e químicas dos materiais baixo condicións de atmósfera controlada.

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK