RIAIDT
Campus Vida
banner

Difractómetro tipo Philips

Difractómetro para análise de mostras en estado sólido coa xeometría Bragg-Brentano e a configuración do goniómetro tipo "theta/2theta". Inclúe un cargador de mostras automático e un portamostras xiratorio. Dispoñemos dun software de análise/identificación de mostras sispoñible para o uso dos usuarios que o necesiten.

más información

Empyrean para medidas en modo SAXS

"SAXS" é unha técnica que se utiliza para a caracterización estrutural de materiais sólidos e líquidos no rango dos nanómetros. Sonda in-homoxeneidades da densidade de electróns nunha escala de lonxitude de tipicamente 1-100 nanómetro, proporcionando así información estrutural complementario á medida convencional de difracción (XRD). É aplicable a materiais cristalinos e amorfos por igual. "PANalytical X´Pert Powder Empyrean" é un sistema multipropósito que permite medir no modo SAXS/WAXS de sólidos, pos e líquidos.

más información

Espectrómetro XRF-Mo

Espectrómetro de Fluorescencia de raios X de dispersión de enerxía que permite á través da interacción cun feixe de raios X ca mostra detectar e cuantificar elementos químicos comprendidos entre o Mn e o U.

más información

ESPECTRÓMETRO XRF-Pg-Fe

Espectrómetro de Fluorescencia de raios X de dispersión de enerxía que permite á través da interacción cun feixe de raios X ca mostra detectar e cuantificar elementos químicos comprendidos entre o Mg e o Cr.

más información

Bruker Kappa-APEX II

Difractómetro equipado cun goniómetro de xeometría KAPPA e cunha fonte de Mo (λ=0.710Å). Ten acoplado un criostato que pode sumerxir a mostra a temperatura controlada, dende N2 líquido (estable a 100K) ata 300K. Contén un detector bidimensional tipo APEX II. Para traballar con monocristais e mostras estruturadas montadas en loops ou en capilares.

más información

Tomógrafo de Haz de Cono CBCT I-CAT

Tomógrafo de Haz de Cono de raios X que serve para visualizar estructuras internas dun obxecto de forma non invasiva. As imaxes tomográficas ou tomografías son imaxes bidimensionais que representan a atenuación de raios X nun obxecto, e son por tanto mapas de densidade das estructuras do mesmo a partir das cales se pode reconstruir a estructura interna e externa do obxecto. O tomógrafo CBCT pertence á Facultade de Medicina e Odontoloxía e está dispoñible para os usuarios da RIAIDT grazas a un acordo que regula a súa accesibilidade para usos non clínicos.

más información

ICP-MS Agilent 7700x (CACTUS Lugo)

O ICP-MS inclúe un sistema de introducción de mostra que consiste nunha cámara do spray con enfriamento por sistema Peltier, un nebulizador microconcéntrico, un analizador de masas de tipo cuadrupolar. O equipo dispón ademais dun sistema de corrección de interferencias poliatómicas (ORS), que consiste nun octopolo que actúa como celda de colisión . Dispón tamén dun accesorio para a introducción de mostras con matrices complexas (HMI) que permite a análise de mostras con alto contido en sólidos sen necesidade de diluir a mostra.

más información

Microcal ITC 200 (CACTUS Lugo)

Microcalorímetro que permite a medida directa e sen marcaxes, de parámetros termodinámicos e de afinidade. O calor absorbido ou emitido durante as unións bioquímicas pódese medir directamente dándonos información sobre afinidade (KD), estequiometría (n), entalpía (∆H) e entropía (∆S).

más información

TGA/DSC1 de Mettler Toledo (CACTUS Lugo)

A medida do cambio de masa dunha mostra coa temperatura, realizase nunha termobalanza e coñecese como termogravimetría. A calorimetría diferencial de barrido é unha técnica que consiste en medir o fluxo de calor dunha mostra e dun material de referencia en función da temperatura. A señal obtida é a enerxía absorbida ou emitida pola mostra. O equipo TGA-DSC simultáneo mide ambos parámetros á vez, convertíndose nunha ferramenta valiosa para a caracterización das propiedades físicas e químicas dos materiais baixo condicións de atmósfera controlada.

más información
RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK