RIAIDT
Campus Vida
  • Unidade de Secuenciación e Análise de fragmentos

    Secuenciación e xenotipado de ADN, e ofrece soporte técnico e asesoramento para quen desexan introducir estas técnicas no seu campo de traballo, cara a investigación en estudos xenéticos.

  • Unidade de Avaliación de Actividades Farmacolóxicas de Compostos Químicos (USEF)

    Determinación da actividade farmacolóxica/biolóxica de compostos, e proxectos de descubremento de fármacos, combinando screening rápido e técnicas de perfilado molecular de alto rendemento.

  • SIT Sistema de Información Territorial

    Proporcionar apoio científico e tecnolóxico ós investigadores da USC e o resto da sociedade, no que atinxe ó manexo de información relacionada co territorio ou cunha compoñente xeoespacial.

  • Laboratorio de Radiofísica

    Conta cunha unidade de terapia de cobalto 60 instalada nun búnker de 60 m2. Contén unha fonte radioactiva de cobalto 60 de 5414 Ci de actividade, emisora de fotóns gamma de 1.17 e 1.33 MeV de enerxía.

  • Plataforma de Enseñería da Madeira Estructural

    Ofrécese a plataforma para realizar servizos de caracterización mecánica da madeira estructural realizando os ensaios de flexión, compresión e tracción segundo as norma europeas en vigor.

Un dos obxectivos principais de actuación de RIAIDT é optimizar o funcionamento da infraestrutura necesaria para o desenvolvemento dos programas de investigación dos investigadores, grupos de investigación, departamentos, institutos e centros da USC, así como incrementar e mellorar as prestacións e rendibilidades dos investimentos feitos na adquisición de grandes equipos, mediante a racionalización do seu réxime de explotación. Asimesmo preténdese dar cabida na RIAIDT a novas formas de apoio a investigación a través da incorporación de coñecementos, tecnoloxías ou instrumentación de grupos de investigación da USC na forma de Plataformas Científico-Tecnolóxicas.

As plataformas cientifico-tecnoloxicas son estructuras que xurden do conecemento e experiencia dun ou varios grupos de investigacion co fin de articular unha doble funcion de prestacion de servizos, en areas diferentes e complementarias das unidades da RIAIDT, e de desenvolvemento tecnoloxico ou investigacion propiamente dita ligados a estes servizos. As plataformas crearanse naqueles casos nos que os grupos dispoñan de coñecementos, tecnoloxía ou instrumentación que, engadidos ós dispoñibles na RIAIDT, permitan mellorar de maneira considerable o alcance do servizo correspondente, ou nos casos nos que permitan satisfacer demandas de servizos non abordables coas capacidades existentes na RIAIDT. O modelo de funcionamento das plataformas científico-tecnolóxicas no marco da RIAIDT será definido específicamente para cada plataforma dacordo coas súas características pero en tódolos casos se baseará nunha aportación conxunta de recursos por parte da RIAIDT e do grupo de investigación impulsor da plataforma.

Links directos

As plataformas científico-tecnolóxicas serán creadas, modificadas ou suprimidas por acordo do Consello de Goberno. Nas propostas de creación, presentarase a estructura de xestión, organización e financiamento das plataformas e unidades.

No caso das plataformas científico-tecnolóxicas nomearase un responsable científico, que será un doutor pertencente ó grupo de investigación con maior aportación tecnolóxica á plataforma ou un técnico no caso das plataformas mixtas. Os responsables científicos serán nomeados polo(s) viceirreitor/a con competencias en Investigación. Son competencias dos responsables científicos das plataformas científico-tecnolóxicas:

  • A supervisión científica do servizo prestado pola plataforma científico-tecnolóxica.
  • A actuación como interlocutor entre os grupos de investigación e o Director/a da RIAIDT ou o Coordinador/a do campus de Lugo en todo o que atinxa ó funcionamento, promoción e expansión da plataforma científico-tecnolóxica.

 

RIADIT
RIAIDT
Rede de Infraestruturas de Apoio á investigación
e ao Desenvolvemento Tecnolóxico

4 últimos tweets

  • 14-11-2018 RT @astro_duque: Con el Plan para la protección de la salud frente a las pseudoterapias damos un paso adelante en el ambito sanitario y uni
  • 14-11-2018 RT @UniversidadeUSC: Queda pouco para a #FeiraInnovacion! Conferencias divulgativas, o #CampusABANCA e un salón de exposicións con moitas s
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experi https://t.co/0zi2xM3Q52
  • 07-11-2018 Call for Proposals for Early User Experiments at the European XFEL https://t.co/097nts3AkK