EXPOSICIÓN EN FONSECA: MINERAIS. VER O INVISIBLE

EXPOSICIÓN EN FONSECA: MINERAIS. VER O INVISIBLE


O Proxecto de “Divulgación Mineralóxica” coordinado pola Área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural da USC realiza unha exposición mineralóxica na Sala do Artesonado do Pazo de Fonseca para os meses de Xuño, Xullo e Agosto do 2023. A exposición titulada “MINERAIS. VER O INVISIBLE” presenta o novo mineral ermeloíta, homenaxea ao mineraloxista René Just Haüy e mostra unha escolma da investigación mineralóxica que se desenvolve na Universidade de Santiago de Compostela. O contexto expositivo terá a impronta da creadora Monica Mura e música de Fernando Buide del Real.

Do 22 de Xuño ao 2 de Setembro de 2023. De luns a sábado, de 11 a 14 e de 17 a 20:30 h. Salón Artesoado do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela.

Data -- Hora
22/06/2023 - 02/09/2023 -- Todo o día

Ubicación
Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *